miércoles, 28 de octubre de 2015

MAGOSTO

mércores 28 outubro 2015










Outono. Os días van a menos, as tardes frías e de choiva convidan a refuxiarse baixo un teito ao calor da lareira, contando historias e comendo castañas asadas. No noso colexio, o CPI Virxe da Cela, continuamos a recuperar as nosas tradicións e o noso patrimonio inmaterial, antes de que o tempo e a civilización moderna o acabe deixando no esquecemento.
Quixemos pois dedicar unha tarde para a celebración do Magosto. As nosas ben queridas cociñeiras puxeron o forno a punto para preparar quilos e quilos de castañas asadas que deron para comer ata fartarse e incluso sobraron para facer unha pila de xogos populares cos que amenizamos esta tarde tan especial. Como podedes observar nas fotografías, o alumnado e profesorado de educación infantil e educación primaria gozaron deste tempo lúdico e demostraron que os xogos, non por sofisticados e tecnolóxicos, teñen que ser máis divertidos e amenos, e que un simple lote de castañas, unhas cortas, uns vasos ou uns globos, dan para pasar un par de horas do máis divertido!!!
Utilizamos como “pista” para os xogos o patio cuberto do noso colexio, e lembramos a nosa profe de educación física do ano pasado, Lucía Trillo, quen levou a cabo a iniciativa de facer marcas no chan para delimitar espazos e tamén para debuxar permanentemente algúns xogos tradicionais como é a mariola, o brilé, etc, 







No hay comentarios:

Publicar un comentario